Madrid, 29 de xaneiro 2021.- O Grupo Parlamentario de Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia en Común presentou hoxe unha iniciativa parlamentaria para coñecer se o Ministerio de Interior está a cumprir os protocolos internacionais ao internar no CIE de Murcia a 16 solicitantes de asilo do Rif.
O vicepresidente da Comisión de Exteriores, Antón Gómez Reino, indicou que «no Centro de Internamento para Extranxeiros de Murcia atópanse mozos que participaron en mobilizacións do Movemento Popular e sufriron malos tratos a mans da policía marroquí, entre eles un sufrindo persecución pola súa orientación sexual e polo seu activismo no Movemento Popular».
«O que queremos saber», sinalou Gómez Reino, «é que medidas se están tomando desde o Ministerio do Interior para protexer os dereitos destas persoas, entre eles, o dereito á saúde en plena terceira ola». O deputado lembra que estes mozos solicitaron protección internacional pola súa condición de presos políticos.
Pola súa banda, Enrique Santiago destacou que “esperamos que Interior amose unha especial atención a situacións como esta. Aínda que todas teñen a súa importancia, neste caso non falamos de migracións económicas senón de persoas que escapan da represión política e legal orquestada no seu país, agudizada nos últimos tempos”.
O tamén responsable federal de Interior e Xustiza de Esquerda Unida advirte de que “se Interior xestiona este caso como un máis de chegada de personas migrantes, sen máis precisións e sen realizar as xestións adecuadas, podería por en serio perigo non só a liberdade, senon a propia integridade física destas persoas no caso de que sexan devoltas ao seu país”.