Unidas Podemos pregunta no Congreso polas limitacións ás novas explotacións porcinas en zonas de alta densidade gandeira

O deputado galego vén de rexistrar outra iniciativa ambiental sobre as masas de auga afectadas pola contaminación polos aportes de nitratos de orixe agrario

Madrid, 1 de marzo.- O grupo confederal de Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia en Común, vén de elevar ao Congreso dos Deputados unha pregunta parlamentaria dirixida ao para coñecer cales son as limitacións que o decreto impón as novas explotacións porcinas nas zonas consideradas de alta densidade gandeira e como vai a intervir a Xunta  como autoridade competente para regulalo. 

O deputado galego, Antón Gómez Reino, voceiro na Comisión de Agricultura e Juan López de Uralde, portavoz de UP en Medio Ambiente, rexistraron unha pregunta escrita dirixida ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación ao respecto do Real Decreto 306/2020 que fixa as normas básicas de ordenación nas granxas porcinas nas zonas declaradas pola comunidade como vulnerables ou de alta densidade gandeira. 

No escrito, Unidas Podemos pregunta se a Xunta ten adoptado algún límite a novas instalacións e para a súa capacidade máxima, conforme establece o RD, e pide coñecer o número de licencias aprobadas en cada comunidade, asi como a capacidade das novas granxas en  zonas declaradas vulnerables. 

Ao tempo, os deputados de Unidas Podemos, rexistraron un segundo escrito relativo as masas de auga afectadas pola contaminación ou en risco de estalo polos aportes de nitratos de orixe agrario. No concreto, preguntan cales son esas masas de auga e como se están a desenvolver os programas de actuación nas zonas consideradas como vulnerables e cal é o grado de cumprimento dos mesmos. Por último, o grupo confederal pide acceder aos datos recabados nos programas de seguimento da calidade das augas en cada unha desas zonas vulnerables.