Unidas Podemos presenta unha iniciativa no Congreso para garantir o uso público da praia de A Manquiña

  •  A praia de A Manquiña foi incluída no  DEUP do Porto de Vigo, actualmente en tramitación, a pesar de ser desafectada por unha orde ministerial en 2003
  • Gómez Reino: “Este areal debería continuar pertencendo aos veciños de Teis, xa se demostrou no seu momento que é un tramo de inactividade que a Autoridade Portuaria non necesita”

Martes, 13 de xullo.  O Grupo Parlamentario Confederal Unidas Podemos-En  Comú  Podem-Galicia en Común, presentou unha iniciativa no Congreso sobre a afectación da Delimitación de Espazos e Usos Portuarios (DEUP) do Porto de Vigo á praia de A Manquiña.

A praia de A Manquiña foi incluída no DEUP do Porto de Vigo, actualmente en tramitación, a pesar de ser desafectada por unha orde ministerial en 2003. Para que a entidade portuaria poida incluír esta contorna natural na súa DEUP debe acreditar que a adquiriu e que a súa afectación foi autorizada polo Ministerio de Facenda. Xa que a praia se atopa no dominio público marítimo-terrestre, é o Ministerio para a Transición Ecolóxica ao que lle corresponde a autorización final.

Se isto ocorre, a praia pasará a ser propiedade da Autoridade Portuaria de Vigo, un lugar onde se levou a cabo o Proxecto de Rexeneración Urbana de Teis con fondos europeos para darlle un bo acceso público para use e goce da súa cidadanía. Como veñen denunciando as asociacións locais, todo este diñeiro investido, de facerse efectiva a afectación da praia por parte da DEUP, non serviría de nada.

O documento, presentado a iniciativa do deputado Antón Gómez Reino, pregunta ao Goberno se se realizaron os trámites oportunos para a afectación da praia conforme á normativa vixente, así como se o Ministerio deu a autorización para iso. “Este areal debería continuar pertencendo aos veciños de Teis, xa se demostrou no seu momento que é un tramo de inactividade que a Autoridade Portuaria non necesita”, apuntou o deputado. 

“Estas zonas xa foron moi castigadas pola actividade industrial da costa de Vigo, e a poboación local ten dereito a gozar de A Manquiña, onde se investiu moito diñeiro e sendo xa unha praia moi pequena, non podemos sacarlle máis espazo”, advertiu Gómez Reino.