Yolanda Díaz aborda os retos da Seguridade Social nas XXIII Xornadas de outono

Yolanda Díaz abordou os catro retos aos que se enfronta a Seguridade Social nun contexto de forte ofensiva contra o Sistema Público de Pensións.

Vigo,22 de novembro de 2019. A deputada e voceira de Galicia en Común no Congreso, Yolanda Díaz, participou este venres nas XXIII Xornadas de Outono de Dereito Social que analizaban en Vigo o Modelo Social Europeo.

A deputada estivo na mesa sobre «A Seguridade Social do futuro. Reformas pendentes do Sistema de Seguridade Social, tanto das prestacións como da súa financiación. O cambio de paradigma” e abordou os retos da Seguridade social.

«En materia de Seguridade Social e de defensa do sistema público de pensións temos catro retos que afrontar de xeito urxente para garantir a suficiencia das pensións», sinalou a deputada, que enumerou eses catro retos.

  • Reto Constitucional: «Temos cinco millóns de pensións que están na exclusión social, polo que o artigo 50 da CE, que fai referencia á suficiencia das pensións, debe cumprirse para garantir unhas pensións de calidade. Este é o mecanismo que permite ás persoas pensionistas vivir con dignidade, por iso debemos garantir a súa suficiencia coa revalorización conforme ao IPC por lei».
  • Reto de Financiación do Sistema: «Cómpre mellorar o financiamento do sistema de Seguridade Social a través da supresión de tarifas planas e de redución de cotas á Seguridade Social, loitando contra o fraude e acudindo á financiación vía Orzamentos cando as cotizacións sociais non alcancen».
  • Reto do Mercado Laboral: «Traballando na loita contra a precariedade e temporalidade, que son estruturais no mercado de traballo. Cómpre facerlle fronte a esta estrutura derogarando a reforma laboral do Partido Popular».
  • Reto da fenda de xénero: «Este reto debe ser transversal en todo o sistema. O sistema da Seguridade Social debe ser unha ferramenta para superar as desigualdades de xénero.