En Común – Unidas Podemos continuará mantendo o seu apoio aos traballadores na convocatoria do vindeiro xoves.
Audio: https://bit.ly/2VtCPDG
Vigo, 10 de maio de 2019. A deputada de En Común-Unidas Podemos reclamou este venres en Vigo á PSA Citroën que «respete os dereitos laborais» e cumpra coas normativas de seguridade, durante a protesta dos traballadores e traballadoras.
«Solidarizámonos cos traballadores de Citroën que están a sufrir condicións impropias do siglo XXI», afimou Díaz, que lembrou que o ritmo de traballo da fábrica «está vulnerano a Lei de prevención de riscos laborais» e está «afectando á saude dos traballadores».
Desde En Común Unidas Podemos, pediremos no Congreso os datos das enfermidades ocultas vinculadas co tempo e o modo de traballo.
«As dores que teñen é polas condicións laborais, isto non é decente. Pediremos que se corrixan as deficiencias laborais», reclamou a deputada.
Díaz lembrou que estamos a falar dunha empresa «con niveis de producción elevadísimos, pero que as súas condicións do traballo son do S. XIX».
«Non hai escusas, non poden argumentar que o problema está derivado dos procesos técnicos e eludir a garantía de condicións dignas para os traballadores», engadiu.
Polo tanto, desde En Común Unidas Podemos, que levamos tempo apoiando aos traballadores, reclamamos «que se incorpore novo persoal» e denunciamos que empresa non só non atende as peticións dos trraballadores, senón que ademais recortou nove postos de traballo.
«A día de hoxe siguen defendendo a incorporación destas 9 prazas e novas contratacións para mellorar as condicións e respectar as normativas de saúde no traballo», afirmou.
Desde a Marea de Vigo, Xaquín Pastoriza, mostrou a solidariedade co persoal, lembrando que é a principal industria de Vigo.
«Están retrocedendo en dereitos ao sobrecargar de traballo na cadea de montaxe. Non pode ser que a PSA presuma de produtividade pero non poda presumir de dereitos», afirmou.