Yolanda Díaz súmase en Cangas á XI Gran Marcha en apoio á loita contra o cancro de mama

Audio: https://bit.ly/2WfIE55

A deputada pediu máis recursos para a loita contra o cancro de mama.

Audio: https://bit.ly/2WfIE55

Cangas, 27 de outubro de 2019. A candidata e deputada de Galicia en Común, Yolanda Díaz, acudiu este domingo á XI Gran Marcha ‘Fina Acuña’ en apoio á loita contra o cancro de mama.

«Fixemos esta camiñata para apoiar ás mulleres de ADICAM en Cangas, que están sendo un exemplo de loita para esixir máis recursos para a investigación no cancro», sinalou Díaz.

A candidata resaltou que «é imprescindible que en Galicia e no Estado se adiquen máis recursos á investigación, porque é a principal causa de morte nas mulleres».